Saltar ao contido

Glicinia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glicinia
Wisteria
Thomas Nuttall 1818 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeFabales
 FamiliaFabaceae
 SubfamiliaPapilionoideae
 XéneroWisteria Editar o valor en Wikidata
Nutt., 1818 Wisteria Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Códigos e identificadores
Freebase/m/01d2nt Editar o valor en Wikidata
MeSHD032447 Editar o valor en Wikidata
ITIS27019 Editar o valor en Wikidata
OTT489481 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

As glicinias ou wisterias son plantas rubideiras pertencentes ao xénero Wisteria e á familia Fabaceae.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Son nativas do leste de Estados Unidos e de países do leste de Asia tales coma a China, Corea e o Xapón. Moi estendidos en xardinería pola beleza das súas flores en acios pendurados e cun recendo moi agradábel. Comúns nos xardíns privados de Galicia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son arbustos leñosos de hábito gabeador. Cultívanse como plantas de decoración por mor aos seus acios de flores primaverais e á súa mesta follaxe. Segundo as variedades, as flores son violetas, azuis ou albas. A longura das inflorescencias varía de 10 cm a un metro da Wisteria floribunda ‘Macrobotryes’. O nome Wisteria provén do doutor Caspar Wistar, un anatomista da universidade de Pensilvania. Algunhas variedades son perfumadas, e entre estas, as variedades son ‘Rosea’ ou ‘Jacko’. Os grans son tóxicos. A especie máis soada á a Wisteria sinensis (Sims) Sweet, a glicinia chinesa, amplamente cultivada en Europa occidental. Outra especie frecuente é a Wisteria floribunda (Willd) DC., a glicinia do Xapón.

As plantas desta especie usan as súas pólas para agatuñar sobre outras plantas, enrolando as pólas en sentido igual ou contrario ás agullas do reloxo, tomando como soporte. Poden gabear até 20 metros sobre o chan e uns 10 metros lateralmente.