Giovanna Casotto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de agosto de 1962 Desio |
| Actividade | |
| Ocupación | artista de banda deseñada, ilustradora, autora de cómics, fotógrafa |
Giovanna Casotto, nada en Desio, Monza e Brianza, Italia, o 2 de agosto de 1968, é unha autora de banda deseñada e ilustracións italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu no campo cos avós, estudou historia na universidade. En 1994 durante unha meeting foot-fetish atópase con Franco Saudelli (coñecido caricaturista) e comeza a pousar para el, converteuse na protagonista da tira cómica A loura . O encontro leva a unirse á escola de banda deseñada de Milán a que asistiu durante tres anos, durante o cal publica algúns contos curtos para L´Intrepido, coopera co mesmo Saudelli e, a continuación, coa revista de cultura erótica e cómic Selen Edicións, ao peche desta revista pasa a publicación análoga mensual Blue de Coniglio Editore, e a produción de ilustracións privadas por encargo.
Giovanna Casotto básase nun erotismo ao estilo do dos anos cincuenta, con ironía e malicia inxenua. A peculiaridade é que o modelo das súas principais historias eróticas é ela mesma. Tema recorrente dos seus numerosos cómics é a masturbación. Colabora activamente coa modelo Gisy Scerman.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- La carne e lo Spirito
- Storie brevi
- Cattive attitudini
- Fetish photos
- Pigiama party
- Femmine folli
- Mia moglie è una santa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en italiano)
- Páxina de autora (en italiano)