Friso
Aparencia
| Friso | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O friso en arquitectura é a parte ancha do entaboamento comprendida entre a arquitrabe e a cornixa, que pode ser plana ou estar ornamentalmente decorada con baixorrelevos.
Decoración interior
[editar | editar a fonte]En espazos interiores, o friso dunha habitación é a parte da parede sobor a moldura para cadros e baixo as molduras do teito ou a cornixa. Por extensión, un friso é unha longa banda decorativa pintada, esculpida ou mesmo caligrafiada nese lugar, por enriba do nivel dos ollos. Os frisos decorativos poden representar escenas nunha secuencia de paneis separados. O material do que se fabrica o friso pode ser escaiola, madeira tallada ou algún outro medio decorativo.

| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Friso |