Saltar ao contido

Fogueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fogueiro
Melanogrammus aeglefinus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   M. aeglefinus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon homónimo
 Conservación
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
OrdeGadiformes
FamiliaGadidae
XéneroMelanogrammus
EspecieMelanogrammus aeglefinus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Melanogrammus aeglefinus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01tknj Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777080836 Editar o valor en Wikidata
UNIIBP7T337SBG Editar o valor en Wikidata
ITIS164744 Editar o valor en Wikidata
OTT635904 Editar o valor en Wikidata
UICN13045 Editar o valor en Wikidata
CoL3Z8JC Editar o valor en Wikidata
EOL46564420 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Fogueiro (Melanogrammus aeglefinus)

O fogueiro[1] ou burro[2] (Melanogrammus aeglefinus, Linneo 1758) é un peixe mariño semellante ó bacallau, propio de ambas as dúas costas do océano Atlántico. Pertence á familia dos gádidos.

Características

[editar | editar a fonte]

É de corpo alongado e fusiforme, coa cabeza relativamente pequena. Normalmente alcanza tamaños de 60–70 cm, pero pode superar o metro de lonxitude. O peso habitual rolda os 300-500 gramos.[3]

A cor é verdosa ou gris polo lombo, aclarándose até o abrancazado cara ao ventre, cunha mancha negra característica á altura da aleta pectoral. Liña lateral definida, de cor escura, basicamente recta. Como corresponde á familia dos gádidos, presenta tres aletas dorsais e dúas anais. A queixada inferior é máis curta que a superior.

Morfoloxicamente é semellante ó bacallau (Gadus morhua) ou ó abadexo (Pollachius pollachius). Diferénciase deste último pola presenza de barbiñas (das que carece o abadexo), pola liña lateral recta (no abadexo está curvada por riba da aleta pectoral) e pola mancha escura sobre a aleta pectoral (ausente no abadexo).

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Trátase dun peixe demersal, oceanódromo, gregario,[4] propio de augas frías do norte de Europa (entre os 2 e os 10 °C). A frota galega captúrao nos caladoiros de Irlanda e Gran Sol, utilizando artes de arrastre. No ano 2009, as capturas totais poxadas nas lonxas galegas ascenderon a 101.703 kg sendo a media anual desde 2010 ata febreiro de 2022 de 152.500 kg.

Habita en profundidades entre os 10 e os 200 m, aínda que pode chegar ós 450 m, sobre fondos areosos ou rochosos. Como resulta habitual, os exemplares xuvenís adoitan manterse en augas superficiais, mentres que os adultos prefiren augas máis profundas. Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos.

Está considerado pola IUCN como vulnerable.

Usos culinarios

[editar | editar a fonte]

Sendo menos apreciado có bacallau, é unha especie moi popular no norte de Europa, Escocia ou Islandia, estendéndose desde o Cantábrico ó Báltico. En España adoita comercializarse conxelado.

Fogueiro cociñado como Fish and Chips

Inclúese dentro dos peixes brancos polo seu baixo contido en graxa. Achega proteínas de alto valor biolóxico, vitaminas (sobre todo do grupo B) e minerais (fósforo e potasio).

Do lombo dos exemplares grandes obtéñense pezas carnosas que se poden cociñar no forno, rebozadas ou grelladas. Os exemplares pequenos cómense fritidos ou afumados. Tamén pode presentarse seco e salgado.

No Reino Unido, chámano haddock e adoita consumirse servido como Fish and Chips: rebozado e frito, acompañado de chícharos e patacas fritas. Tamén se comercializa aberto ó longo, limpo e afumado, presentación que se coñece como smoked haddock.

  1. Tamén pode atoparse na bibliografía baixo o castelanismo carboeiro.
  2. https://www.pescadegalicia.gal/]
  3. Tallas máximas comprobadas (Fish Base): 112 cm e 16,8 kg de peso.
  4. Demersal designa os peixes que viven cerca do fondo do mar pero non permanentemente; oceanódromo, que realizan migracións nas augas mariñas; gregario, que se agrupa en grandes bancos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • ZUDAIRE, Maite e YOLDI, Gema (2005): Pescados y mariscos. Eroski Publicaciones, Elorrio (Biscaia).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]