Air Pacific Limited, comercializada como Fiji Airways (e anteriormente como Air Pacific), é a aeroliña nacional de Fiji.[1] Está baseada en Nadi ], e opera servizos internacionais e domésticos a 17 cidades de 10 países ao redor do océano Pacífico. Fiji Airways transporta anualmente a case dous terzos dos visitantes do país.[1]
O primeiro voo comercial realizado como Fiji Airways foi no ano 1951, aínda que a orixe da aeroliña remóntase a Katafaga Estates Ltd., formada en 1947. Despois de ser mercada por Qantas en 1958, Katafaga Estates foi reestruturada como aeroliña rexional e rebautizada como Air Pacific. En maio de 2012 o CEO David Pflieger anunciou na parte final da súa exitosa recuperación, a aeroliña recuperaría o seu antigo nome e reforzaría o seu papel como aeroliña nacional de Fiji.[2] O goberno do país posúe o 52% da compañía e Qantas o 46%, estando o resto en mans dos gobernos de distintas illas nación do Pacífico.[1]