Eli Roth
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Eli Raphael Roth 18 de abril de 1972 Newton |
| Educación | Escola de Artes Tisch da Universidade de Nova York Newton South High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | produtor de cinema, actor de cinema, animador, guionista, actor, director de cinema, realizador |
| Período de actividade | 1996 |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Lorenza Izzo (2014–2019) |
Eli Raphael Roth, nado o 18 de abril de 1972 en Newton, Massachusetts, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. A meirande parte da súa produción cinematográfica céntrase no xénero gore.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo de Cora, unha pintora, e o doutor Sheldon Roth, un psiquiatra, psicanalista e mestre da Universidade de Harvard. Foi educado baixo as ensinanzas da relixión xudía. Roth comezou a facer filme á idade de oito anos despois de ver Alien, do director Ridley Scott. Filmou preto de 50 curtas cos seus irmáns Adam e Gabe, antes de se formar na Newton South High School e de asistir á escola de cine da Universidade de Nova York.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecido por interpretar a Donny "O Oso Xudeu" Donowitz no filme Inglourious Basterds de Quentin Tarantino. Forma parte do grupo de directores de cine alcumado Splat Pack, debido á súa asociación para co xénero de terror. Roth aposta por traer de volta a clasificación con R para os filmes segundo a súa violencia.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Participa como | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Director de cine | Produtor de cine | Guionista | Actor | Personaxe | ||
| 2002 | Cabin Fever | SI | SI | SI | SI | Justin/Grim |
| 2004 | Tales from the Crapper | SI | ||||
| 2005 | 2001 Maniacs | SI | SI | Justin | ||
| Hostel | SI | SI | SI | SI | American Stoner | |
| 2007 | Hostel: Part II | SI | SI | SI | Cabeza nun pau (cameo) | |
| Death Proof | SI | Dov | ||||
| Thanksgiving | SI | SI | ||||
| 2009 | Inglourious Basterds | SI | Donny "O Oso Xudeu" Donowitz | |||
| Nation's Pride | SI | |||||
| 2010 | The Last Exorcism | SI[1] | ||||
| Piranha 3-D | SI | |||||
| 2011 | The Man with the Iron Fists | SI | ||||
| Endangered Species | SI | SI | SI | SI | ||
| Thanksgiving | SI | SI | SI | SI | ||
| Clown | SI | |||||
Premios
[editar | editar a fonte]Premios do Sindicato de Actores
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2009 | Mellor elenco | Inglourious Basterds | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eli Roth-Produced Cotton Screening for Sundance". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.patheos.com (en inglés)
- D-Listed profile (en inglés)