Dubrovnik (en croata pronunciado /dǔbroːʋniːk/(axuda·info), Ragusa en italiano) é unha cidade costeira da Croacia localizada no extremo sur da Dalmacia, bañada polo Mar Adriático. É un dos balnearios máis importantes do país, tamén é importante como porto e famosas as súas murallas perfectamente conservadas a través do tempo e das guerras e é a capital do condado de Dubrovnik-Neretva. Cunha poboación de 43.770 habitantes (censo de 2001), a maior parte dos seus habitantes é de orixe croata (88,39%). Pola súa beleza natural e polo que representa para a historia, Dubrovnik é coñecida como "a perla do Adriático".
Dubrovnik é o escenario para representar a cidade ficticia de King's Landing e as localizacións da personaxe de Daenerys Targaryen na serie de televisión da HBOGame of Thrones. As localizacións empregadas na rodaxe inclúen a rúa St. Dominic, a illa de Lokrum, os palacios de Knežev dvor e Sponza , Lovrijenac (Forte de St. Lourenzo), o Forte Bokar e a torre Minčeta.[1]