Distrito de Kamuli
| Distrito de Kamuli | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O distrito de Kamuli é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Kamuli.
Limita co distrito de Buyende polo norte, co distrito de Luuka polo leste, co distrito de Jinja polo sur e co distrito de Kayunga polo oeste.
No ano 2002 o distrito tiña unha poboación estimada dunhas 712.000 persoas. Tiña unha área de 4.301,5 km².
No ano 2006, o distrito de Kaliro, cunha poboación estimada de 153.513 persoas no 2002, saíuse deste distrito para formar un diferente, polo que deixaba ao distrito cuns 558.487 habitantes. No 2010, o distrito de Buyende, que no 2002 tiña unha poboación de aproximadamente 191.266 habitantes, foi tamén sacado deste distrito para formar outro, polo que, facendo cálculos, o actual terreo do distrito de Kamuli, no ano 2002 tería 372.221 habitantes.
O distrito posúe unha sociedade multiétnica, sendo o principal grupo étnico o basoga, que abrangue o 76% da poboación. O pobo iteso abrangue o 3,9% e o banyoro e o bagungu conxuntamente fan o 1,8% da poboación. O resto, o 18,3% estaría feito doutros grupos étnicos. A principal lingua do Distrito é o lusoga, como tamén o luganda e o inglés.
O distrito forma parte da subrexión Busoga que é coincidente co reino de Busoga, que no 2002, era lar de 2,5 millóns de persoas.
As principais actividades económicas do lugar son a pesca polo río Nilo, a gandaría, a agricultura, a acuicultura, a apicultura e a venda nas feiras dos centros urbanos.
