Saltar ao contido

Distrito de Budaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distrito de Budaka
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Lingua usada
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
207.597 (2014)
281.537 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   384 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.080 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap3498159 Editar o valor en Wikidata
VIAF170246265 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/088rdp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O distrito de Budaka é un distrito da Rexión Leste de Uganda, chamada así pola súa capital, Budaka. O distrito cobre unha área de 384 km2. Está a unha altitude sobre o nivel do mar de entre 910 e 1220 m. Segundo o censo de poboación do ano 2002 tiña uns 221.500 habitantes. A súa densidade de poboación era de 372 persoas por km2.

A etnia predominante no distrito son os bagwere.

Limita co distrito de Pallisa polo norte, co distrito de Mbale polo leste, co distrito de Butaleja polo sur e co distrito de Kibuku polo oeste.

Este distrito entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2005. Anteriormente formaba parte do distrito de Pallisa, saíndo do condado de Budaka. Consiste nos seguintes sete subcondados:

  • Budaka
  • Iki-Iki
  • Naboa
  • Lyama
  • Kaderuna
  • Kamonkoli
  • Kameruka

Economía

[editar | editar a fonte]

A agricultura é a principal actividade económica do distrito, ocupando o 86% da poboación segundo o censo do 2002.

Recentemente, abriuse unha fábrica de ladrillos e baldosas en Kamonkoli, da Uganda Clays Limited. A fábrica crese que empregará 200 persoas en pleno funcionamento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]