Saltar ao contido

Directiva de Aves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Área protexida correspondente á reserva de Wildlife Trust en Essex.

A Directiva[1] de Aves (máis formalmente coñecida como a Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 30 de novembro de 2009 relativa á conservación das aves silvestres) The Birds Directive (formally known as Council Directive 2009/147/EC on the conservation of wild birds) is the oldest piece of EU legislation on the environment and one of its cornerstones[2] é unha directiva da Unión Europea adoptada no ano 2009. Substitúe a Directiva 79/409/CEE do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres, modificada en varias ocasións e de forma substancial, razón pola cal, para maior claridade, considerouse conveniente proceder á codificación de dita Directiva no ano 2009. É unha das dúas directivas da Unión Europea en relación coa vida silvestre e a conservación da natureza, sendo a outra a chamada Directiva de Hábitats.

O seu propósito é protexer todas as aves silvestres europeas e os hábitats dunha serie de especies, en especial por medio da designación de zonas de especial protección (ZEPA).

A directiva levou ao establecemento dunha rede de ZEPA, que xunto coas xa existentes Zonas Especiais de Conservación (ZEC) forman unha rede de lugares protexidos por toda a Unión Europea chamada Natura 2000.

  1. Definición de Directiva de Aves no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Directorate-General for Environment (European Commission) (2019). The birds directive: 40 years of conserving our shared natural heritage. LU: Publications Office of the European Union. ISBN 978-92-76-03659-3. doi:10.2779/622146.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]