O xornal Clarín foi fundado o martes28 de agosto de 1945 por Roberto Noble. Tivo como particularidade o ser un dos primeiros xornais do mundo en incluír un deseño máis compacto (tabloide) que o típico deseño saba que usaban os xornais dese entón. Este deseño adoptárono logo varios xornais londinienses para non perder aos lectores novos. Actualmente é o xornal de maior tiraxe da Arxentina. A propietaria e directora do grupo Clarín, que o controla, é Ernestina Herrera de Noble, viúva do fundador.
O seu lema é "Un toque de atención para la solución argentina de los problemas argentinos.” e o seu actual slogan publicitario: "El gran diario Argentino".
Na actualidade é o xornal con maior tiraxe da Arxentina e un dos de maior difusión no mundo de fala hispana cunha tiraxe que supera os 400000 exemplares diarios segundo datos do IVC[1]. Tamén é o segundo xornal en español máis lido por Internet[2].