O Defensor do Pobo Europeo (en inglés: European Ombudsman) é un defensor do pobo que está habilitado para recibir dos cidadáns da Unión Europea, ou das persoas físicas e xurídicas, toda queixa relativa ao mal funcionamento das institucións ou organismos comunitarios, coa excepción do Tribunal de Xustiza ou do Tribunal de Primeira Instancia.
O defensor é nomeado polo Parlamento Europeo despois de cada elección europea, e ten un mandato renovable de cinco anos correspondentes á duración de cada lexislatura.