Conversa usuario:Vanicorps
Nova sección|
Dámosche a benvida á Galipedia, Vanicorps!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
|
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
| |
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 17 de decembro de 2023 ás 21:15 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Vanicorps. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación →
Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 2 de abril de 2024 ás 12:43 (UTC)
Eu mato xigantes
[editar a fonte]Ola!
Vin que engadiches no artigo Rinoceronte Editora que han publicar Eu mato xigantes. Cando sexa así, mellor agarda a que a propia editorial o faga público, para cumprir con Wikipedia:Verificabilidade. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de xullo de 2024 ás 21:43 (UTC)
- Boas!
- Tes razón, grazas polo aviso. O editor amosou a portada o mes pasado en redes sociais, por iso fixen a tradución. Cando anuncien oficialmente a obra engadirei referencias nos artigos correspondentes.
- Un saúdo! - Vanicorps (conversa) 1 de xullo de 2024 ás 22:05 (UTC)
Libro por Obra
[editar a fonte]Ola Vanicorps.
Ao substituír todo o contido de {{Libro}} por {{Obra}} estás eliminando info sobre as edicións en galego e as correspondentes referencias, iso debe evitarse. Exemplos: .
En todo caso, pode que sexa algo precipitado pórse a expandir masivamente o modelo {{obra}}, que inda ten o cartel de {{en uso}} e mesmo ten erros de código. --. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2025 ás 19:40 (UTC)
Torre de refrixeración
[editar a fonte]Boas, o artigo Torre de refrixeración, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 13 de decembro de 2025 ás 23:41 (UTC)
- Feito. Ampliaría algo máis co artigo en castelán, mais descoñezo o formato das fórmulas da Wiki. Grazas polo comentario! Vanicorps (conversa) 14 de decembro de 2025 ás 00:17 (UTC)
Ocupación e títulos
[editar a fonte]Boas @Vanicorps,
Quería comentarche que no caso de artigos de títulos ou ocupacións, é preferente o uso do Modelo:Ocupación antes co de Modelo:Concepto, ademais, sobre todo no caso dos presidentes, primeiros ministros, etc, é imperativo antes de engadir o modelo, comprobar que en Wikidata liga correctamente co artigo que ten que ser. Moitas veces, incluída a de Primeiro ministro de Dinamarca, o artigo estaba ligado ao artigo de listas, neste caso lista de primeiros ministros de Dinamarca, e así o modelo nunca vai funcionar correctamente. Como vin que andabas a facer correccións penso que cómpre que o saibas.
Un saúdo! O Breixo (conversa) 25 de decembro de 2025 ás 17:55 (UTC)
- @O Breixo Grazas por avisar, non me decatara. Tereino en conta no futuro.
- Un saúdo! Vanicorps (conversa) 25 de decembro de 2025 ás 19:30 (UTC)