A comarca de Ortegal[1] é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non ten capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (xulgado de instrución, delegación de Facenda, oficina do INSS, notaría, rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.