Closure
| Closure | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nine Inch Nails | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Closure é o primeiro álbum en vídeo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicado o 25 de novembro de 1997. O conxuntode dúas cintas VHS consta dunha con imaxes de concertos en directo e entre bastidores das súas xiras Self-Destruct e Further Down the Spiral e outra cinta de vídeos musicais.[1]
A gravación da primeira casete destaca imaxes da xira e as trasnadas entre bastidores de Nine Inch Nails e os seus convidados: Marilyn Manson, Jim Rose Circus e David Bowie. Un segmento en particular, dirixido por Jonathan Rach, está dedicado á inclinación de Reznor daquela época por destruír violentamente teclados e outros equipos de xira en cada concerto.[2]
Os vídeos musicais da segunda cinta están intercalados con fragmentos de películas educativas, así como con imaxes exclusivas gravadas por Peter Christopherson que lembran o vídeo de "Closer"; estes segmentos inclúen música remesturada do catálogo anterior da banda, entre as que destacan "A Warm Place" e "The Art of Self Destruction, Final". Closure tamén contén fragmentos da película Broken, que non se estreou comercialmente. Antes de "March of the Pigs" móstranse imaxes do filme Electrocuting an Elephant, da Edison Manufacturing Company.[3]
Segundo Russell Mills, creador da portada, tamén se planeou un álbum en directo como complemento de Closure e fixéronse as portadas para el, pero a idea foi descartada.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]| Self Destruct Tour (tape 1) - Ribbon Wrapped | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "Terrible Lie" | ||||||||
| 2. | "Piggy" | ||||||||
| 3. | "Down in It" | ||||||||
| 4. | "March of the Pigs" | ||||||||
| 5. | "The Only Time" | ||||||||
| 6. | "Wish" | ||||||||
| 7. | "Hurt" (con David Bowie) | ||||||||
| 8. | "Something I Can Never Have" | ||||||||
| Music videos (tape 2) - 4 Framed | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "Head Like a Hole" | 4:31 | |||||||
| 2. | "Sin" | 2:11 | |||||||
| 3. | "Down in It" | 3:50 | |||||||
| 4. | "Pinion" | 1:16 | |||||||
| 5. | "Wish" | 3:42 | |||||||
| 6. | "Help Me, I Am in Hell" | 2:03 | |||||||
| 7. | "Happiness in Slavery" | 4:48 | |||||||
| 8. | "Gave Up" | 4:27 | |||||||
| 9. | "March of the Pigs" | 3:03 | |||||||
| 10. | "Eraser (Live Version)" | 4:23 | |||||||
| 11. | "Hurt (Live Version)" | 5:10 | |||||||
| 12. | "Wish (Live Version)" | 3:49 | |||||||
| 13. | "Closer" | 4:36 | |||||||
| 14. | "The Perfect Drug" | 4:13 | |||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Closure [Video] - Nine Inch Nails". AllMusic (en inglés). Consultado o 2026-03-19.
- ↑ "Nine Inch Nails: Closure [VHS]: Pitchfork Review". pitchforkmedia.com. Consultado o 2026-03-19.
- ↑ "Nine Inch Nails : Closure – Review – Lollipop Magazine" (en inglés). Consultado o 2026-03-19.