Chicken Little
| Chicken Little | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Chicken Little é un filme de animación estadounidense dirixido por Mark Dindal que se estreou no 2005.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Pasou un ano dende o "desafortunado incidente da landra" cando Chicken Little causou unha grande algarabía na súa vila natal de Oakey Oaks ó proclamar que o ceo estaba caendo tras ser golpeado na testa polo que aparentemente era unha landra. O pequeno polo únese ó equipo local de béisbol coa esperanza de restablecer a súa reputación e gañar o respecto de seu pai, Buck Cluck. Cando el conduce ó seu equipo a unha inesperada vitoria, convértese no centro de toda a atención. Pero tan pronto como todo volve á normalidade, volve recibir outro golpe na cabeza, e esta vez o ceo si está caendo de verdade. Temeroso de ser tachado unha vez máis de tolo, négase a dicirlle nada a ninguén. No canto diso, recruta a axuda dos seus mellores amigos, Runt, Abby Patosa, e Peixe fóra da auga, nun intento por salvar o mundo sen facer que todo o pobo entre novamente en pánico.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Zach Braff como Chicken Little Cluck
- Joan Cusack como Abbagail Ducktail Mallard
- Dan Molina como Peixe fóra da auga
- Amy Sedaris como Foxy Loxy
- Mark Walton como Goosey Loosey
- Garry Marshall como Buck "Ace" Cluck
- Don Knotts como Turkey Lurkey
- Sean Elmore, Matthew Michael Joston, e Evan Dunn acomo Kirby
- Fred Willard como Melvin
- Catherine O'Hara como Tina
- Mark Dindal como Morkupine Porcupine
- Patrick Stewart como Mr. Woolensworth
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)