CONTOUR
| CONTOUR | |
|---|---|
Representación artística de CONTOUR. | |
| Tipo | Científico |
| Organización | NASA |
| Destino actual | Destruída.[1][2][3] |
| Data de lanzamento | 3 de xullo de 2002, 6:47 GMT[1][4][5] |
| Foguete portador | Delta 7425[1][3] |
| Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Cabo Cañaveral[1][2] |
| Obxectivo da misión | Estudo dos cometas Encke e Schwassmann-Wachmann-3.[1][2] |
| NSSDC ID | 2002-034A |
| Masa | 328,0 kg[1] |
| Potencia | 1147,0 W[1] |
CONTOUR foi unha sonda espacial do programa Discovery da NASA lanzada o 3 de xullo de 2002 mediante un foguete Delta 7425 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar dous cometas. Perdeuse contacto con ela despois do acendido do motor de inxección interplanetaria, aos 45 días de inserirse en órbita terrestre.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]CONTOUR (acrónimo de Comet Nucleus Tour) foi lanzada para sobrevoar polo menos dous cometas, o cometa Encke en novembro de 2003 e o Schwassmann-Wachmann-3 en xuño de 2006. Foi enviada a órbita terrestre sen problemas mediante un foguete Delta 7425 o 3 de xullo de 2002 e permanaceu nesa órbita ata que as condicións foron adecuadas para ser inxectada nunha órbita interplanetaria, 45 días despois. O 16 de agosto acendeuse o motor da sonda, perdéndose o contacto coa mesma. En imaxes tomadas desde terra víronse tres obxectos onde debería estar CONTOUR, e o sistema de detección de mísiles norteamericano detectou un flash tres segundos antes do momento no que debería ter terminado a ignición do motor. A conclusión é que o motor estoupou mentres estaba acendido, destruíndo a sonda.[1][2][3]
CONTOUR levaba a bordo catro instrumentos científicos que deberían ter servido para estudar os cometas, a súa orixe e a súa evolución.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (20 de marzo de 2019). "CONTOUR" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2019). "Contour" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CONTOUR (Discovery 6)" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- ↑ N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "CONTOUR" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CONTOUR" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018. Consultado o 22 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CONTOUR |