Saltar ao contido

CIE-10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CIE-10
 Título
   ICD-10 (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
ICD-10 (en)  
CIE-10 (es)  
CIM-10 (fr)  
MKB-10 (hr)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Tenth Revision of the International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems (en)   Editar o valor en Wikidata
 Composto por
CID-10 Capítulo I: Algumas doenças infecciosas e parasitárias (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XV: Gravidez, parto e puerpério (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XIV: Doenças do aparelho geniturinário (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XIII: Doenças do sistema osteomuscular e do tecido conjuntivo (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XII: Doenças da pele e tecido subcutâneo (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XVI: Algumas afecções originadas no período perinatal (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XVIII: Sintomas, sinais e achados anormais de exames clínicos e de laboratório, não classificados em outra parte (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XVII: Malformações congênitas, deformidades e anomalias cromossômicas (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XX: Causas externas de morbidade e de mortalidade (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XIX: Lesões, envenenamento e algumas outras conseqüências de causas externas (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XXI: Fatores que influenciam o estado de saúde e o contato com os serviços de saúde (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XI: Doenças do sistema digestivo (pt) Traducir
CID-10 Capítulo IX: Doenças do sistema circulatório (pt) Traducir
CID-10 Capítulo IV: Doenças endócrinas, nutricionais e metabólicas (pt) Traducir
CID-10 Capítulo III: Doenças do sangue e dos órgãos hematopoéticos e alguns transtornos imunitários (pt) Traducir
CID-10 Capítulo II: Neoplasias (tumores) (pt) Traducir
ICD-10 Chapter X: Diseases of the respiratory system (en) Traducir
CID-10 Capítulo V: Transtornos mentais e comportamentais (pt) Traducir
CID-10 Capítulo VII: Doenças do olho e anexos (pt) Traducir
CID-10 Capítulo VI: Doenças do sistema nervoso (pt) Traducir
CID-10 Capítulo VIII: Doenças do ouvido e da apófise mastoide (pt) Traducir
CID-10 Capítulo XXII: Códigos para propósitos especiais (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Aspecto de
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1992 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Xurisdición
Códigos e identificadores
Freebase/m/025rwrz Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2781116378 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A CIE-10 é o acrónimo da décima edición da Clasificación Internacional de Doenzas (en inglés, ICD, International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems). Determina a clasificación e codificación das doenzas e unha ampla variedade de signos, síntomas, feitos anormais, denuncias, circunstancias sociais e causas externas de danos e/ou enfermidade.[1]

A CIE foi publicada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Emprégase a nivel internacional para fins estadísticos relacionados con morbilidade e mortalidade, os sistemas de reintegro e soportes de decisión automática en medicina. Este sistema está deseñado para promover a comparación internacional da recolección, procesamento, clasificación e presentación destas estadísticas. A CIE é a clasificación central da WHO Family of International Classifications (WHO-FIC) (en galego, a Familia de Clasificacións Internacionais da OMS).[2]

A lista CIE-10 ten a súa orixe na «Lista de causas de morte», da cal a primeira edición realizouna o Instituto Internacional de Estadística en 1893. A OMS fíxose cargo da mesma en 1948, na sexta edición, a primeira en incluír tamén causas de morbilidade. A día de hoxe, a lista en vigor é a décima, e a OMS segue a traballar nela.

A CIE-10 desenvolveuse en 1992 e o seu propósito foi rastrexar estadísticas de mortalidade. A OMS publica actualizacións menores anuais e actualizacións maiores cada tres anos.

Posteriormente, algúns países teñen creado as súas propias extensións do código CIE-10. Por exemplo, Australia presentou a súa primeira edición, a «CIE-10-AM» en 1998; Canadá publicou a súa versión no 2000, a «CIE-10-CA». Alemaña tamén ten a súa propia extensión, a «CIE-10-GM».

Nos Estados Unidos de América, engadiuse o anexo co sistema de clasificación de procedementos, o ICD-10-PCS. A pesar de que xa utilizan o manual de procedementos, os Estados Unidos e Porto Rico estanse a preparar para a posta en funcionamento do Sistema de Clasificación de Enfermidades para comezar en outubro de 2015.

Codificación

[editar | editar a fonte]

Cada afección pode ser asignada a unha categoría e recibir un código de até seis caracteres de lonxitude (en formato de X00.00). Cada unha de tales categorías pode incluír un grupo de doenzas similares. Os seguintes códigos empréganse pola Clasificación Estadística Internacional de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde.

Clasificación Estadística Internacional de Doenzas e Problemas relacionados coa Saúde
CapítuloCódigosTítulo
IA00-B99Certas doenzas infecciosas e parasitarias
IIC00-D48Neoplasias
IIID50-D89Doenzas do sangue e dos órganos hematopoéticos e outros trastornos que afectan o mecanismo da inmunidade
IVE00-E90Doenzas endócrinas, nutricionais e metabólicas
VF00-F99Trastornos mentais e do comportamento
VIG00-G99Doenzas do sistema nervioso
VIIH00-H59Doenzas do ollo e os seus anexos
VIIIH60-H95Doenzas do ouvido e da apófise mastoide
IXI00-I99Doenzas do sistema circulatorio
XJ00-J99Doenzas do sistema respiratorio
XIK00-K93Doenzas do aparato dixestivo
XIIL00-L99Doenzas da pel e do tecido subcutáneo
XIIIM00-M99Doenzas do sistema osteomuscular e do tecido conectivo
XIVN00-N99Doenzas do aparato xenitourinario
XVO00-O99Embarazo, parto e puerperio
XVIP00-P96Certas afeccións orixinadas no período perinatal
XVIIQ00-Q99Malformacións conxénitas, deformidades e anomalías cromosómicas
XVIIIR00-R99Síntomas, signos e feitos anormais clínicos e de laboratorio, non clasificados noutra parte
XIXS00-T98Traumatismos, envelenamentos e algunhas outras consecuencias de causa externa
XXV01-Y98Causas externas de morbilidade e de mortalidade
XXIZ00-Z99Factores que inflúen no estado de saúde e contacto cos servizos de saúde
XXIIU00-U99Códigos para situacións especiais

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]