Björklund tocou a guitarra e cantou na banda de punk rock de ChicagoStrike Under despois dun breve período no grupo Terminal Beach.[1] Breaking Circus foi o seu seguinte proxecto, orixinalmente co baixista Bruce Lange e unha caixa de ritmos Roland TR-606.[2] Breaking Circus asinou un contrato con Homestead Records para o seu primeiro lanzamento, o EP The Very Long Fuse (1985).
En 1986 Björklund mudouse a Minneapolis e comezou a traballar co baixista de Rifle Sport Pete "Flour" Conway e co batería e guitarrista Todd Trainer.[3] Ese ano a banda publicou unha canción, "Driving the Dynamite Truck" no recompilatorio de Twin/ToneBig Hits of Mid-America Volume Four, cunha formación lixeiramente distinta ao estar Tony Pucci, de Man Sized Action, na batería.[4] Homestead Records publicou o álbum The Ice Machine, onde os créditos aparecía nun inserto como un xogo de beber ao estilo do Monopoly.
O guitarrista Phil Harder uniuse á banda para unha xira nacional antes de que Breaking Circus regresase a casa para gravar outro álbum que incluiría catro cancións de Björklund, catro de Conway, e catro de Trainer. Cando a banda chegou ao estudio recibiron noticias de que Homestead só pagaría por seis das doce cancións que tiñan planeado gravar. Graváronse as catro cancións de Björklund e unha de cada un dos outros membros, sendo publicadas como o EP Smokers' Paradise en 1987. A banda separouse en 1988.