Bell & Howell é unha fabricante histórico estadounidense de proxectores e cámaras de cinema, fundárona o proxeccionista Donald J. Bell e o mecánico Albert S. Howell en Chicago co nome de Bell & Howell o 17 de febreiro de 1907. Bell deixou a compañía en 1921 e Howell retirouse en 1940. No ano 2003 uniuse con Böwe Systec Inc. in 2003 e coñeceuse como Böwe Bell & Howell ata 2011, cando Versa Capital Management mercou a compañía e volveu ao seu nome tradicional, pero pese a manter o nome o seu ámbito de negocio é a comercialización de produtos de terceiros e a súa sede está en Wheeling, Illinois.
Historicamente, Bell & Howell Co. foi un importantes subministrador de material cinematográfico, e pola súa innovación acadou sona dentro do mundo da industria cinematográfica, entre os seus produtos salientan:
Un marco xiratorio en proxectores de 35mm (1907)
Un perforador de películas de 35mm (1908)
Cámaras de cinema profesionais de 35mm (1909 en diante)
Equipos para impresión usados polos laboratorios cinematográficos (1911 en diante)
A cámara Bell & Howell 2709, móbil, foia primeira cámara completamente de metal (1911-1957)
Cámaras de cinema de man para afeccionados e noticiarios: Filmo (finais de 1923), Eyemo (1925) e Autoload EE (1956)
Cámara militar de 16mm Type N-6A
Cámara militar "GSAP" (Gun Sight Air Pilot) de 16mm.
A partir de 1946 comezou a fabricar produtos para microfilmes. Un acordo con Canon fixo que entre 1961 a 1976 Canon fabricase as súas cámaras SLR de 35mm co logo de Bell & Howell
A comezos da década de 1970 a empresa deixou de fabricar cámaras de cinema, centrándose nos microfilmes, escáneres e produtos financeiros.