Saltar ao contido

Begoña Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBegoña Caamaño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1964 Editar o valor en Wikidata
Vigo Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 2014 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritora Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Facebook: begonha.caamanho BNE: XX4906892 Bitraga: 4229 BUSC: caamano-begona-1964-2014 Dialnet: 3055427 Editar o valor en Wikidata

Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964[1] e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia.

Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade. A Real Academia Galega acordou dedicarlle en 2026 o Día das Letras Galegas.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio do Calvario, mais a mediados dos anos 1970 mudouse coa súa familia a Coia.[4] Alí entrou en contacto co asociacionismo local, promovido por uns frades dominicos aliñados coa teoloxía da liberación.[4] Estudou EXB no Colexio Amor de Dios e o bacharelato no IES Coia 2, actual IES Alexandre Bóveda.[4] Durante esta etapa tamén participou de protestas e reivindicacións estudantís, como "Pases pro bus".[4]

Rematou estudos de Maxisterio.[4] Porén, acabou dedicándose ao xornalismo.[5] Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou n'A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza.

Dende 1989 traballou na Radio Galega, primeiro na delegación de Vigo onde, xunto con Rosa Martínez Rivada, bota a andar o Trecolas, primeiro programa da emisora pública galega que se realiza dende unha delegación. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio, en Santiago de Compostela,[6] onde desenvolveu tarefas como redactora en distintos servizos informativos e no Diario Cultural. Posteriormente dirixiu e presentou os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite. Traballou nas seccións de cultura e sociedade dos servizos informativos da Radio Pública de Galicia.

Colaborou nas revistas feministas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente e formou parte do consello de redacción da revista antimilitarista Ar!

Activista

[editar | editar a fonte]

Ademais do seu labor profesional, na Radio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, formando parte en diversas ocasións do Comité de Empresa da Radio e ocupando o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG e as súas sociedades, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige.

Deu pulo á Asociación de Mujeres Gallegas en la Comunicación (MUGACOM), e participou en Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e na Marcha Mundial das Mulleres.[6]

As amigas, de Klimt, imaxe usada na portada de Circe ou o pracer do azul.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
A sedución de Merlín, cadro de Edward Burne-Jones usado na capa do libro Morgana en Esmelle.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Pel con pel (2010). Galaxia.[10]
  • Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega (2014). Frank & Timme. Coordinado por Ana Acuña.

Artigos e colaboracións en prensa e revistas

[editar | editar a fonte]
  • "Ser muller na radio" (1990). Festa da Palabra Silenciada 7, pp. 64-66.[11]
  • "Algo pior ca o negro" (1991). Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura 10. pp. 29-30.[12]
  • "Elias Rozas e Ramiro Paz: desertores políticos" (1997). Ar! Revista Galega Antimilitarista 10. pp. 31-32.[13]
  • Con Ana Romaní: "Mulleres e poder"(1998). Tempos Novos 10, pp. 14-24.[14]
  • "Triste é o cantar que cantamos" (xullo de 2000). Deliberadamente 6, pp. 4-5.[15]
  • "Un universo de vidas" (xaneiro de 2002). Sección de Cultura. La Voz de Galicia.[16]
  • "Viaxar para ler o mundo, viaxar para lerme" (2014). Grial n.º 204, pp. 77-79.[17]
Fotografía 6: Amsterdam, ano 2000, outono. Percorrido polos Países Baixos após da Marcha Mundial das Mulleres sobre Bruxelas:
É mediodía e a temperatura non debe superar os tres graos. Un home xace inconsciente no chan. A xente dá un pequeno rodeo para non tropezar con el. Ninguén se detén. Miñas amigas e mais eu paramos, comprobamos que está inconsciente e xeado. Tentamos inutilmente chamar a atención dos transeúntes. Ao final conseguimos que un mozo nos preste o seu teléfono móbil para chamar unha ambulancia. Cando o vehículo chega, os paramédicos que nel viaxan fan un breve exame e conclúen: “Esta bébedo”, e fan ademán de marchar. Nós protestamos: é que nun país tan rico e moderno que exhibe as mulleres núas en escaparates os bébedos non teñen dereito á asistencia sanitaria? Vano deixar alí para que morra conxelado? Un dos ocupantes da ambulancia olla para nós con desprezo e retruca: “Se tanto vos preocupa, levádeo para a vosa casa”. Sinto rabia e medra en min o noxo por esa Europa deshumanizada
"Viaxar para ler o mundo, viaxar para lerme".[17]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A Deputación da Coruña convoca desde o ano 2017 o Premio Begoña Caamaño de proxectos culturais pola igualdade.[20]

En 2019 foi nomeada filla adoptiva de Santiago de Compostela, a título póstumo[21] e convocouse un encontro poético-artístico.[22]

En 2020, aos 6 anos da súa morte, o Observatorio da Mariña Pola Igualdade convocou en Xove unha xornada para reivindicar o seu legado.[23]

En xuño de 2025 foi unha das propostas para o Día das Letras Galegas 2026.[24] Finalmente, o día 20 dese mesmo mes, a Real Academia Galega anunciou​, trala primeira sesión ordinaria do seu pleno logo da extraordinaria do Día das Letras Galegas do ano en curso —como mandan os seus estatutos—, que a escritora e xornalista viguesa sería a persoa homenaxeada no 2026. A súa proposta, defendida polas académicas Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María López Sández, Margarita Ledo, Chus Pato e Francisco Fernández Rei, impúxose ás tamén valoradas de Antón Tovar, Miguel González Garcés e Enrique Labarta Pose. Caamaño converteuse así na décimo cuarta muller á que se lle dedica este día tras Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018), Xela Arias (2021), Luísa Villalta (2024) e Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar, representantes das cantareiras e da poesía popular oral (2025).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi parella[25] de Joxe Mari Etxaniz, independentista vasco, que estivera condenado por terrorismo.[26]

En 2011 detectóuselle un cancro de páncreas, doenza da que faleceu a finais de 2014.[27]

  1. Delgado, Santi (20 de xuño de 2025). "Begoña Caamaño será la protagonista del Día das Letras Galegas 2026". El Progreso (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
  2. Pardo, Miguel (20 de xuño de 2025). "As Letras honrarán a Begoña Caamaño, "narración e xornalismo desde a ollada feminista"". praza.gal. Consultado o 20 de xuño de 2025.
  3. Redacción (20 de xuño de 2025). "Begoña Caamaño, Día das Letras Galegas 2026". Nós Diario. Consultado o 20 de xuño de 2025.
  4. 1 2 3 4 5 "Biografía de Begoña Caamaño". Real Academia Galega. Consultado o 2026-04-03.
  5. "Bego Caamaño: a rabuda que sempre estará viva no Dezaseis". La Voz de Galicia. 2025-06-20. Consultado o 2025-06-20.
  6. 1 2 Iglesias, Uxía (24 de outubro de 2019). "Así era la activista Begoña Caamaño: mujer volcánica, escritora de los amores diversos". gcdiario.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2025.
  7. "Circe o el placer del azul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28.
  8. "Circe ou o prazer do azul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28.
  9. "Morgana en Esmelle". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-02-10.
  10. Autores: Alfredo Ferreiro, Begoña Caamaño, Dores Tembrás, Eduardo Estévez, Francisco Castro Veloso, Ledicia Costas, Marta Dacosta, Román Raña, Xosé María Álvarez Cáccamo e Yolanda Castaño.
  11. Festa da Palabra Silenciada n.º 7
  12. Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura. n.º 10
  13. "Elias Rozas e Ramiro Paz: desertores políticos"
  14. "Mulleres e poder"
  15. Deliberadamente n.º 6
  16. Sobre o libro Que me queres, amor? de Manuel Rivas, coincidindo coa entrega da obra dentro da Biblioteca Galega 120. O artigo está incluído no volume Crítica e autores II pp. 575-576, ISBN 84-9757-098-7.
  17. 1 2 Grial n.º 204
  18. 1 2 3 V., C. (30 de abril de 2013 [actualizado o 2 de maio de 2013]). "Tres premios en dous meses para “Morgana en Esmelle”". Nós Diario. Consultado o 20 de xuño de 2025.
  19. Andaluz, Cándida (27 de abril de 2013). "Ramón Nicolás y Begoña Caamaño, ganadores del premio Antón Losada Diéguez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
  20. ""Implicadas no Desenvolvemento" e "Elas tamén pintan" gañan o Premio Begoña Caamaño da Deputación da Coruña". Deputación da Coruña. 10 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018.
  21. "O Concello de Santiago entrega os seus títulos, honras e condecoracións a título póstumo". santiagodecompostela.gal. Concello de Santiago. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-17.
  22. "A xornada realizarase o domingo 13 de outubro en Santiago de Compostela". culturagalega.org. CCG. 2019-10-02. Consultado o 2019-10-04.
  23. "Fálase de O Observatorio d...". Praza Pública. Consultado o 2020-10-13.
  24. "Antón Tovar, Begoña Caamaño, Enrique Labarta Pose e Miguel González Garcés, candidatos ao Día das Letras 2026". Nós Diario. 2025-06-12. Consultado o 2025-06-13.
  25. "Adeus a Jose Mari Etxaniz, basco-galego, bom e generoso". Galiza Livre (en portugués). 2024-07-23. Consultado o 2025-07-29.
  26. "El preso más antiguo de ETA sale en libertad tras 21 años". El País (en castelán). 2001-06-18. ISSN 1134-6582. Archived from the original on 18 de agosto de 2019. Consultado o 2025-07-29.
  27. Redacción (27 de outubro de 2014). "Muere la periodista Begoña Caamaño". infoperiodistas.info (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
D. Varela e A. López (2026). Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul RAG.
"A Conversa" con Begoña Caamaño (22/5/2013). Popular TV Galicia.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]