Bauryna Salu
Aparencia
| Bauryna Salu | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Bauryna Salu (en kazako: Баурына салу) é un filme kazako de 2024 escrito e dirixido por Askhat Kuchencherekov. Foi escollido como candidato de Kazakhstán para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Seguindo a vella tradición nómade 'Bauryna Salu', Yersultan foi entregado ao nacer á súa avoa para que o criase. Creceu con resentimento e desconexión cos seus pais. Cando cumpre 12 anos, a súa avoa morre e ten que volver vivir coa familia que apenas coñece. Este proceso coincide cunha etapa de transformación e un intento de restaurar a relación entre el e os seus pais, especialmente o seu pai.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Yersultan Yermanov como Yersultan
- Aydos Ayesbaev como o pai
- Bigaisha Salkynova como a avoa
- Dinara Shymyrbaeva como a nai
- Damir Daurenuly como Damir
- Yerkin Berikuly como Yerkin
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oscars 2025: Kazakhstan Picks ‘Bauryna Salu’ for International Feature Race". The Hollywood Reporter. Consultado o 23 de setembro de 2024.