Saltar ao contido

Barbadás

Barbadás
 Nome oficial
Barbadás (gl) dende 1985 
Barbadanes (es) dende 1857 ata 1985
Valenzana (es)  ata 1857 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
Casa do Concello de Barbadás.
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
11.201 (2025)
10.228 (2013)
10.064 (2012)
9.731 (2011)
9.468 (2010)
9.177 (2009)
8.890 (2008)
8.685 (2007)
8.426 (2006)
7.939 (2005)
7.597 (2004)
6.908 (2002)
6.712 (2001)
10.371 (2014)
10.463 (2015)
10.638 (2016)
10.791 (2017)
10.951 (2018)
11.037 (2019)
11.158 (2020)
11.022 (2021)
11.061 (2022)
11.140 (2023)
11.176 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   5.670 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   5.367 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
30,02 km²
30,24 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   206 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal32890 Editar o valor en Wikidata
Código INE32008 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340662 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734025 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h08ng Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 83098 BNE: XX4575548
Wikidata G:Commons C:Commons

Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense, na comunidade autónoma de Galicia. Forma parte da área urbana da cidade de Ourense. Segundo as cifras oficiais do padrón municipal, contaba con 11.176 habitantes a 1 de xaneiro de 2024.[1]

O xentilicio do concello é barbadés ou barbalatense.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Barbadás ten unha superficie de 30,24 km² e está formado por seis parroquias civís.[3] Limita ao norte co concello de Ourense, ao leste con San Cibrao das Viñas, ao sur con Toén e ao oeste con A Bola.

O relevo é suavemente ondulado, con zonas máis elevadas cara ao suroeste, onde se alcanzan arredor de 600 metros de altitude no Alto do Castro. O río Miño discorre polo límite norte do termo municipal, mentres que o río Barbaña constitúe o principal curso fluvial interior, xunto con diversos regatos de menor entidade.

O principal núcleo de poboación é A Valenzá, integrado funcionalmente na área urbana de Ourense e convertido no principal centro residencial e socioeconómico do concello.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A evolución demográfica de Barbadás caracterízase por un forte crecemento desde finais do século XX, asociado á expansión urbana da cidade de Ourense e ao desenvolvemento residencial do concello.

Gráfica de evolución demográfica de Barbadás entre 1842 e 2021

O territorio do actual concello de Barbadás presenta ocupación humana desde épocas moi antigas. No monte da Piteira realizáronse escavacións arqueolóxicas nas que se localizaron restos atribuíbles ao paleolítico, conservados no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Durante a cultura castrexa, a zona estivo habitada polos coelernos, documentándose varios xacementos, entre eles o castro de Trelle e o castro de Louredo. Tras a romanización de Galicia, produciuse un progresivo abandono dos castros e o asentamento en áreas máis próximas ás terras de cultivo e aos ríos; na parroquia de Loiro atopáronse restos dunha villa romana.

Na Idade Media, o territorio estivo vinculado ao mosteiro de Celanova e á diocese de Ourense. En 1110 construíuse a igrexa románica de San Martiño de Loiro. No século XII, o rei Afonso VII de León concedeu diversas posesións ao bispado de Ourense nesta zona.

No século XIX produciuse a configuración administrativa actual. En 1820 constituíuse o concello da Valenzá e, tras a División territorial de España en 1833, integrouse o antigo concello de Sobrado do Bispo. En 1851 o municipio adoptou definitivamente o nome de Barbadás.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo
Igrexa de San Martiño de Loiro
Igrexa de San Lourenzo de Piñor

Destacan no patrimonio histórico-artístico de Barbadás:

  • A igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo, de orixe románica, con importantes elementos de transición ao gótico e un retablo barroco no interior.
  • A igrexa de San Martiño de Loiro, construída en 1110, un dos exemplos máis destacados do románico rural da comarca.
  • A igrexa de San Lourenzo de Piñor, do século XVI, con fachada de inspiración renacentista e escalinata barroca.
  • A igrexa de San Bernabé da Valenzá, erixida no século XVI, vinculada á expansión histórica do núcleo.
  • O pazo de Bentraces, do século XV, antiga residencia episcopal relacionada co mosteiro de Celanova.
  • O pazo de Piñor, do século XVI, ampliado posteriormente cunha solaina barroca.
  • A ermida de San Bieito na Cova do Lobo, asociada a unha romaría tradicional.
  • Diversos petos de ánimas, como o da capela de San Amaro.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Barbadás

Barbadás (San Xoán) | Bentraces (San Xoán) | Loiro (San Martiño) | Piñor (San Lourenzo) | Sobrado do Bispo (Santa María) | A Valenzá (San Bernabeu)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Instituto Galego de Estatística (ed.). "Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro de 2024. Barbadás". Consultado o 25 de decembro de 2025.
  2. Costas González, X.-H. (2015): «Os xentilicios en galego». En Eva M. Castro Figueiras; Mª Cristina Rodríguez Ricart (coords.), Na universidade en galego con seguridade, páx. 77. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
  3. Instituto Galego de Estatística (ed.). "Ficha municipal de Barbadás" (PDF). Consultado o 25 de decembro de 2025.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.