Saltar ao contido

Bakú

Bakú
 Nome orixinal
   Bakı (az)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Bakı (az)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Eldar Azizov (2018 - ) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.300.500 (2021)
2.122.300 (2012)
2.181.800 (2014)
111.904 (1897)
446.832 (1926)
543.939 (1939)
642.507 (1959)
851.547 (1970)
1.021.969 (1979)
1.150.055 (1989)
2.262.600 (2018)
2.293.100 (2019)
2.045.800 (2009)
2.293.700 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.140 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   −28 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+04:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postalAZ1000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3764541 Editar o valor en Wikidata
VIAF2381162481007437680005 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000106793038 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01gf5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Instagram: bakiseherih BNE: XX4973490 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Foto do Mar Caspio, tomada desde Bakú, Azerbaidján

Bakú[1] ou Bacú[2][3] (Bakı en azerí) é a capital e a maior cidade do Azerbaidján. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a segunda guerra mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da Unión Soviética. Despois da independencia de Azerbaidján a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, volvendo a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer de Azerbaidján na súa totalidade.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.

Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Bagdad (Regalo de Deus) onde a partícula é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.

Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[4] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.

A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".

Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.

Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]
  1. Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1984. ISBN 9788482893600.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 03 de abril de 2014.
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
  4. .The Name “Baku”
  1. Censo de 2013