Appenzell Interior
| Appenzell Interior | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||||
O cantón de Appenzell Interior (en alemán: Appenzell Innerrhoden, francés: Appenzell Rhodes-Intérieures, en italiano: Appenzello Interno, en romanche: Appenzell Dadens) é un cantón da confederación Suíza.
É tamén o segundo cantón máis pequeno de Suíza.
Appenzell é a capital deste semicantón. Appenzell Interior está situado no nordés de Suíza. Limita ao norte co cantón de Appenzell Exterior, ao leste co Sankt Gallen. A súa superficie é de 173 km². O pico do Säntis con 2.501,9 msnm é unha das atraccións principais do cantón.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1513 o cantón de Appenzell foi o décimo terceiro cantón en unirse á Confederación Suíza. En 1597 o cantón dividiuse en dous semicantóns, debido ás desavinzas relixiosas: o semicantón de Appenzell Interior (católico) e o de Appenzell Exterior (protestante).
A constitución foi introducida en 1872.
Economía
[editar | editar a fonte]As principais actividades agrícolas do cantón son o pastoreo e a gandaría. Teñen certa relevancia os servizos financeiros, o turismo e a industria do metal.
Ingresos (en millóns de CHF): 646 fr
Política
[editar | editar a fonte]Os cidadáns do cantón reúnense todos nunha das prazas de Appenzell, o último domingo do mes de abril, para a Landgemeinde (asemblea xeral). Alí as persoas naturais (suízos) votan para elixir os seus representantes ao parlamento cantonal. O cantón de Appenzell Interior foi o último cantón en introducir o voto feminino no 1992. Só logo dunha decisión federal, o cantón viuse obrigado a introducir o voto das mulleres.
Municipios
[editar | editar a fonte]O cantón está dividido en distritos no canto de municipios, o que quere dicir que os distritos equivalen ás comunas dos demais cantóns suízos. O seis distritos son:
