Saltar ao contido

Apertium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apertium
Logotipo
Imaxe
 Uso
Características
 Lingua
 Linguaxe de programación
C++ Editar o valor en Wikidata
 Licenza
Implicados
 Autor/a
 Distribuidor/a
Historia
 Versións
3.9.12 versión estábel (10 de abril de 2025)
3.6.1 versión estábel (24 de outubro de 2019)
3.8.3 versión estábel (1 de novembro de 2022)
3.5.2 versión estábel (4 de outubro de 2018)
3.4.2 versión estábel (15 de maio de 2016)
3.5.0 versión estábel (6 de marzo de 2018)
3.9.4 versión estábel (28 de decembro de 2023)
3.7.1 software release (en) Traducir (21 de decembro de 2020) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bsjgm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Repositorio
Wikidata C:Commons

Apertium é un sistema de tradución automática de código aberto que foi desenvolvido pola Universidade de Alacant con financiamento conxunto da Generalitat de Cataluña, do Goberno de España e do Goberno de Romanía.

O programa é software libre publicado baixo os termos da licenza GNU GPL, incluídos os datos lingüísticos, inda que algúns deles foron publicados inicialmente baixo licenzas Creative Commons. Emprega o formato XML para almacenar os datos lingüísticos.

O deseño inicial de Apertium baseábase nun sistema de tradución desenvolvido polo grupo Transducens da Universidade de Alacant, que permitía a tradución entre linguas relacionadas como catalán↔español (interNOSTRUM) ou español↔portugués (Universia).

En 2005 a Universidade de Vigo colgou a primeira versión de Apertium en galego.[1] A finais de 2006 publicouse a versión 2.0 do motor de tradución, que permitía tratar pares de linguas menos relacionados como catalán↔inglés mediante unha transferencia estrutural máis potente. O 1 de outubro de 2007 publicouse a versión 3.0, que permitía o uso de Unicode, o que permitiu estendelo a moitas outras linguas.

  1. Galega, Consello da Cultura. "Xa está en liña o Tradutor Apertium Español-Galego, Galego-Español". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2025-09-08.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]