Saltar ao contido

Ansan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAnsan
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°19′25″N 126°49′19″L / 37.3236, 126.8219
EstadoCorea do Sur
ProvinciaGyeonggi Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación623.256 (2024) Editar o valor en Wikidata (4.172,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie149,39 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude139 m Editar o valor en Wikidata
Creación1986 Editar o valor en Wikidata

Sitio webansan.go.kr… Editar o valor en Wikidata
A cidade de Ansan a vista de páxaro.

Ansan (en coreano 안산) é unha cidade de Corea do Sur, situada na provincia de Gyeonggi, dentro da área metropolitana de Seúl, na costa do Mar Amarelo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A súa poboación era de aproximadamente 715.000 habitantes en 2019 (670.000 en 2005 e 510.000 en 1995).

A cidade alberga o campus ERICA da Universidade de Hanyang[1] e a Xunta de Seguridade no Transporte de Corea. Tamén teñen unha English Village para a inmersión lingüística en lingua inglesa.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Ansan está conectada con Seúl pola liña 4 do metro de Seúl.

Ansan-si é unha extensión da entidade urbana Ansan-hyeon. A cidade foi creada en 1986, 10 anos despois do lanzamento deste plan.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación:

  • Norte - 37° 22' 25" NL
  • Sur - 37° 04' 39" SL
  • Leste - 126° 56' 29" E.
  • Oeste - 126° 31' 45" E.

No triángulo Seúl - Incheon - Suwon, Ansan está situada no medio da liña Incheon-Suwon (a uns quince quilómetros destas dúas cidades e a uns corenta de Seúl, moi preto do Mar Amarelo, no noroeste do país). Ansan está conectada coa capital pola liña 4 do metro.

Varias illas no mar están suxeitas á súa xurisdición, sendo a maior Daebu.

  • Festival Cultural Seong Ho (en homenaxe ao erudito Seongho Yi-Ik).
  • Fortaleza de Byolmangsung
  • O Festival de Artes de Danwon, chamado así na honra do pintor Danwon, orixinario desta cidade.

Administración

[editar | editar a fonte]

En 1997, o goberno lanzou o proxecto Gyeonggi Techno Park para atraer empresas innovadoras ao territorio de Ansan, pero a competencia é feroz.

O Instituto Coreano de Ciencia e Tecnoloxía Oceánica ten un centro de investigación en Ansan para estudar a biodiversidade e os fondos mariños do Mar Amarelo.[2]

  1. "ERICA Campus - Hanyang University - 한양대학교". Hanyang University (en inglés). Consultado o 2026-04-15.
  2. KIOST. "KIOST". www.kiost.ac.kr (en coreano). Consultado o 2026-04-15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]