Saltar ao contido

Altiplano do Tíbet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAltiplano do Tíbet
(zh) 青藏高原 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporexión xeográfica
Meseta Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaTíbet, República Popular da China, Qinghai, República Popular da China, Western Sichuan, República Popular da China (en) Traducir, Yunnan, República Popular da China, Xinjiang, República Popular da China, Gansu, República Popular da China, Ladakh, India, Jammu e Caxemira, India, Himachal Pradesh, India, Uttarakhand, India, Sikkim, India, Darjeeling, India, Arunachal Pradesh, India, Gilgit-Baltistan, Paquistán, Wakhan, Afganistán (en) Traducir, Nepal, Bután, Tadjiikistán e Kirguizistán Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°N 88°L / 33, 88
Comparte fronteira conKunlun, noroeste
Montanhas Qilian (pt) Traducir, nordés
Yarlung Tsangpo River (en) Traducir, sur
Himalaia, sur
subcontinente indio, sur
Bacia do Tarim (pt) Traducir, norte
Altiplano de Mongolia, norte
Karakorum, oeste Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude4.500 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1.000 (ancho) × 2.500 (lonxitude) km
AtravesaRepública Popular da China, India, Paquistán, Afganistán, Nepal, Bután, Tadjiikistán e Kirguizistán Editar o valor en Wikidata
Superficie2.500.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
Tintín no Tíbet Editar o valor en Wikidata

O altiplano do Tíbet ou meseta tibetana é unha extensa e elevada meseta de Asia oriental que ocupa gran parte da Rexión Autónoma do Tíbet e da provincia de Qinghai, na República Popular da China, e da rexión india de Ladakh, en Caxemira. Ocupa unha área rectangular aproximada de 1000 km de largo por 2500 km de longo, e ten unha elevación media de 4500 metros. É chamada "o teito do mundo", pois é a meseta máis alta e grande do mundo, cunha área de 2,5 millóns de quilómetros cadrados de extensión.

O altiplano do Tíbet está rodeado por cadeas de montañas elevadas.[1] Limita ao noroeste coa cordilleira Kunlun, que a separa da conca do Tarim, e ao nordés coas montañas Qilian, que separa a meseta do deserto de Gobi. A meseta limita ao sur co val do río Yarlung Tsangpo, que flúe ao longo do pé do Himalaia, e pola extensa Chaira indoganxética. Ao leste e sueste, a meseta dá paso á xeografía con árbores e abrupta de montaña dos nacementos dos ríos Salween, Mekong e Yangtzé, na zona occidental de Sichuan. No oeste está rodeada pola curva da abrupta cordilleira do norte de Caxemira.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A meseta é unha estepa árida de grande altitude mesturada con cordilleiras e grandes lagos salgados. A precipitación anual estímase entre 100 mm e 200 mm, e precipita principalmente en forma de choivas. Os extremos do sur e do leste da estepa contan con pradarías en que poden vivir poboacións de pastores nómades, aínda que as xeadas se suceden seis meses ao ano. Seguindo ao norte e ao nordés, a meseta vólvese, de forma gradual, máis alta, máis fría e máis seca, ata alcanzar a afastada rexión de Kekexili, ao noroeste da meseta. Nese punto, a altitude media supera os 5000 m, o aire contén soamente un 60% de osíxeno a nivel do mar e as temperaturas son ao longo do ano de -4 °C, caendo a -40 °C no inverno. Como resultado deste ambiente extremadamente inhóspito, a rexión de Kekexili é das menos poboadas do mundo, despois da Antártida e o norte de Asia.

A parte norte da meseta está cuberta por grandes áreas de permafrost (ou chan permanentemente conxelado), indicando que a meseta non saíu completamente do período glacial.[2]

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

A meseta formouse por unha colisión das placas tectónicas indoaustraliana e eurasiática no período cenozoico (hai aproximadamente 55 millóns de anos).[3] Pénsase que a elevación tectónica da meseta tivo un efecto significativo no cambio climático e crese que puido afectar ao monzón asiático. Na estación do monzón na India (de xullo a outubro) os ventos traen o aire húmido tropical do sur, o Himalaia crea unha manta de choiva que deixa a zona da India moi húmida e o altiplano tibetano moi seco. A medida que os ventos continúan na meseta, cae a pouca humidade que permanece no aire, chegando a ser máis seco a medida que se despraza cara ao norte, creando desertos como o de Taklamakan e o Gobi.[4]

Moitos dos ríos máis longos do mundo orixínanse na meseta tibetana. Estes ríos levan o 25% da erosión do chan do mundo mariño. Entre eles inclúense o Yangtzé, o río Amarelo, o Indo, o Sutlej, o río Yarlung Tsangpo (coñecido como o Brahmaputra na India), o Mekong, o Irauadi e o Salween.

Entre os seus numerosos lagos salgados están o lago Qinghai, o lago Nam (ou Namtso), o Dagze Tso, o lago Yamzho Yumco, o lago Puma Yumco e o lago Paiku.

O altiplano tibetana experimentou catro períodos glaciais e tres interglaciais durante os cales o clima queceu.[5]

  1. "A Unique Geographical Unit". Consultado o 5 de agosto de 2007.
  2. "Widespread Glaciers and Frozen Soil". Consultado o 6 de agosto de 2007.
  3. "The New Largest Canyon in the World --The Great Canyon of Yarlung Tsangpo River (Tíbet)". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2007.
  4. "Leaf morphology and the timing of the rise of the Tibetan Plateau". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 23 de xullo de 2007.
  5. "Widespread Glaciers and Frozen Soil". Consultado o 5 de agosto de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]