Ali Smith
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de agosto de 1962 Inverness |
| Educación | Universidade de Aberdeen Newnham College Inverness High School (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Cambridge |
| Ocupación | escritora, escritora de contos, xornalista, dramaturga, profesora universitaria |
| Período de actividade | 1986 |
| Empregador | Universidade de Strathclyde |
| Membro de | |
| Influencias | Muriel Spark, Liz Lochhead (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sarah Wood |
| Premios | |
| |
Ali Smith, nada en Inverness o 24 de agosto de 1962, é unha escritora, dramaturga, investigadora e xornalista escocesa. Sebastian Barry describiuna en 2016 como a "Nobel de Escocia que estamos esperando".[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Smith naceu en Inverness o 24 de agosto de 1962, filla de Ann e Donald Smith. Os seus pais, de clase traballadora,[2] posuían unha vivenda protexida.[3][4] Entre o 1967 e o 1974, estudou a primaria na escola de St. Joseph RC e, até o 1980,[5][6] foi a un instituto de secundaria de Inverness. Graduouse en Literatura e Lingua Inglesa pola Universidade de Aberdeen (1980-1985).[7] No 1984, recibiu o premio Bobby Aitken Memorial da súa universidade, na categoría de Poesía.[5]
Entre o 1985 e o 1990, estivo matriculada no Newham College de Cambridge, coa intención de facer unha tese de doutoramento sobre o modernismo estadounidense e irlandés. Porén, durante este período comezou a escribir obras de teatro, polo que abandonou os seus estudos.[5][8]
Smith trasladouse a Edimburgo no 1990 para traballar como profesora de literatura escocesa, inglesa e estadounidense na Universidade de Strathclyde.[6] Porén, no 1992 foi diagnosticada cunha síndrome de fatiga crónica, así que regresou a Cambridge para recuperarse.[5][8]
Na súa mocidade, traballou a tempo parcial como camareira, guía turística, recepcionista na BBC ou redactora de publicidade.[5]
Carreira
[editar | editar a fonte]Namentres estudaba en Cambridge, varias das súas obras foron representadas no Festival de Edimburgo e no Cambridge Footlights. Posteriormente, centrouse en escribir relatos e no seu traballo para o xornal The Scotsman.[5] No 1995, publicou o seu primeiro libro, Free Love and Other Stories, unha colección de doce contos, co que gañou o premio da Saltire Society ó mellor debut do ano, e tamén o premio á mellor novela do Consello das Artes de Escocia.[9] No 2009, doou o seu relato Last (xa publicado na rede polo Manchester Review) ao Proxecto "Ox-Tales" de Oxfam, catro escolmas de contos de máis de 30 autores e autoras do Reino Unido. O texto de Smith publicouse na colección titulada Fire.[10]
Smith redactou artigos para diversos xornais, entre os que se atopan The Guardian, The Scotsman, New Statesman e o Times Literary Supplement.[11]
Traballos
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Like (1997)
- Hotel World (2001)
- The Accidental (2005)
- Girl Meets Boy (2007)
- There But For The (2011)
- Artful (2012)
- How to Be Both (2014)
- Autumn (2016)
- Winter (2017)
- Spring (2019)
- Summer (2020)
- Companion Piece (2022)
Coleccións de historias curtas
[editar | editar a fonte]Obras
[editar | editar a fonte]- Stalemate (1986), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe[5][6]
- The Dance (1988), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe[5][6]
- Trace of Arc (1989), creado durante Edinburgh Festival Fringe[5]
- Daughters of England (1989-1990), inédito, Cambridge Footlights[14]
- Amazons (1990), Cambridge Footlights[5]
- Comic (1990), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe[5][6]
- The Seer (2001)[15]
- Just (2005)[15]
Non ficción
[editar | editar a fonte]- Shire (2013), con imaxes de Sarah Wood: relatos e textos autobiográficos. Full Circle Editions.
Outros proxectos
[editar | editar a fonte]- Ali Smith colaborou co grupo escocés Trashcan Sinatras, escribindo a letra da canción "Half an apple". Publicouse o 5 de marzo do 2007, no álbum Ballads of the Book.[4]
- No 2008, Smith editou The Book Lover, unha colección da súa literatura favorita, que inclúe pezas de Sylvia Plath, Muriel Spark, Grace Paley e Margaret Atwood, Joseph Roth ou Clarice Lispector.[16]
- No 2008, escribiu o relato "Writ" para unha antoloxía promovida por Save the Children e editada por Arcadia Books: The Children's Hours. Publicouse traducida en Portugal, Italia, China e Corea do Sur.
- No 2011, escribiu unha breve autobiografía no xornal The Observer, dentro da serie "Érase unha vez unha vida".[17]
- En outubro do 2011, Smith publicou The Story of Antigone, unha reescritura do clásico de Sófocles ilustrada por Laura Paroletti. Este texto é parte da serie Save the Stories de Pushkin Children's Books.[18]
- En outubro do 2012, Smith deu un sermón na Catedral de Manchester, seguido dunha sinatura de libros.[19]
- No 2013, publicou Artful, un libro baseado nas conferencias sobre literatura comparada europea que impartira o ano anterior no St Anne's College de Oxford.[20]
- O 10 de setembro do 2015, foi nomeada Socia de Honra de Goldsmiths.[21]
- En xullo do 2016, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de East Anglia.[22]
- Smith contribuiu á serie Refugee Tales.[23] In 2016, Smith's story "The Detainee's Tale" was published by Comma Press in Refugee Tales Volume 1.[24]
- En maio do 2021, publicou o relato "The final frontier" na nova revista The European Review of Books.[25][26]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Smith vive en Cambridge coa súa parella, a directora de cine Sarah Wood.[27][28]
Honras e recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2007, Smith foi elixida membro da Royal Society of Literature.<[29] Tamén foi ordenada Comandante da Orde do Imperio Británico no 2015 polos seus servizos á literatura.[30] A Universidade de Newcastle concedeulle un doutoramento honoris causa no 2019.[31]
Premios literarios
[editar | editar a fonte]| Ano | Obra | Premio | Categoría | Resultado | Ref |
|---|---|---|---|---|---|
| 2001 | Hotel World | Encore Award | Gañador | [12] | |
| Scottish Mortgage Investment Trust Book of the Year Award | Gañador | ||||
| Booker Prize | Finalista | ||||
| Women's Prize for Fiction | Finalista | ||||
| 2005 | The Accidental | Costa Book Awards | Costa–Novel | Gañador | |
| Booker Prize | Finalista | ||||
| Women's Prize for Fiction | Finalista | ||||
| 2007 | Girl Meets Boy | Diva magazine readers’ choice | Libro do ano | Gañador | [32] |
| Sundial Scottish Arts Council | Novela do ano | Gañador | [33] | ||
| 2011 | There But For The | The Guardian book review | Mellores novelas do ano | — | [34] |
| 2012 | Artful | Goldsmiths Prize | Finalista | [35][36] | |
| 2014 | How to Be Both | Women's Prize for Fiction | Gañador | [37] | |
| Costa Book Awards | Costa–Novel | Gañador | [38] | ||
| Booker Prize | Finalista | [39] | |||
| Goldsmiths Prize | Finalista | [40][41] | |||
| Folio Prize | Finalista | [42] | |||
| 2016 | Autumn | Booker Prize | Finalista | [43] | |
| 2020 | Spring | Europese Literatuurprijs | Gañador | [44] | |
| 2020 | Summer | Orwell Prize | Gañador | [45] | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Best books of 2016 – part two". The Guardian (en inglés). 2016-11-27. ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ Begley, Adam (2017). "Ali Smith, the Art of Fiction No. 236". The Paris Review. Summer 2017 (221).
- ↑ "Ali Smith". Contemporary Writers in the UK. The British Council. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2009. Consultado o 2009-02-27.
- 1 2 Matthews, Elizabeth (30 de marzo de 2007). "Novel approach struck a chord with Inverness writer". The Inverness Courier. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2009-02-27.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Ali Smith: Contemporary Critical Perspectives. Londres: Bloomsbury. 2013. ISBN 978-1-4411-5990-8.
- 1 2 3 4 5 "Smith, Ali 1962–". www.encyclopedia.com. Consultado o 2016-11-19.
- ↑ Germanà, Monica; Horton, Emily (2013-07-18). Ali Smith: Contemporary Critical Perspectives (en inglés). A&C Black. ISBN 9781441181558.
- 1 2 "Ali Smith - Honorary Award Holders, Anglia Ruskin University". www.anglia.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2016. Consultado o 2016-11-19.
- 1 2 "Ali Smith". guardian.co.uk. Guardian News and Media Limited. 22 de xullo de 2008. Consultado o 2009-02-27.
- ↑ "Order your copy of Ox-Tales : Talking Books : Oxfam GB". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2012. Consultado o 2010-11-14.
- ↑ Hershman, Tania. "The First Person and Other Stories by Ali Smith". The Short Review. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 2016-11-11.
- 1 2 3 "Ali Smith". Contemporary Writers in the UK. The British Council. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2009. Consultado o 2009-02-27.
- ↑ Guest, Katy (3 de outubro de 2008). "The First Person and Other Stories, By Ali Smith". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 23 de abril de 2009.
- ↑ "Cambridge Footlights - 1980-1989 (Archive)". Cambridge Footlights. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012.
- 1 2 "Ali Smith". Doollee.com. 2014-04-24. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2016-11-11.
- ↑ "The Book Lover by Ali Smith". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 22 de febreiro de 2011.
- ↑ Ali Smith (28 de maio de 2011). "Once upon a life: Ali Smith | Life and style". The Guardian. Consultado o 2016-11-11.
- ↑ "The Story of Antigone by Ali Smith". www.penguinrandomhouse.com (en inglés). Consultado o 2020-04-09.
- ↑ "The Manchester Sermon: Ali Smith, reviewed by Gemma Fairclough - The Manchester Review". The Manchester Review (en inglés). 2012-10-19. Consultado o 2018-02-02.
- ↑ Cohen, Leah Hager (1 de febreiro de 2013). "A Light to Read By". The New York Times.
- ↑ Cox, Sarah (8 de setembro de 2015). "Novelist Ali Smith named Honorary Fellow". Goldsmiths, University of London (en inglés). Consultado o 2018-02-02.
- ↑ "Day 1 - Ali Smith - UEA". www.uea.ac.uk (en inglés). Consultado o 2017-05-03.
- ↑ "About". Refugee Tales (en inglés). Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Refugee Tales - Comma Press". commapress.co.uk. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Ali Smith | The European Review of Books". europeanreviewofbooks.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2023. Consultado o 2022-10-22.
- ↑ Grimm, Oliver (23 de xuño de 2021). "Eine Revue, um die EU besser zu kritisieren". Die Presse.
- ↑ Winterson, Jeanette (25 de abril de 2003). "Ali Smith". The Times. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembor de 2016. Consultado o 2009-02-28.
- ↑ Noted. "Ali Smith interview". www.noted.co.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-09-25.
- ↑ "Royal Society of Literature All Fellows". Royal Society of Literature. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2010. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ "Order of the Companions of Honour : Members of the Order of the Companions of Honour" (PDF). Gov.uk. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de xaneiro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2016.
- ↑ "Honorary degrees celebrate excellence". Newcastle University. 17 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Girl Meets Boy wins Diva Book Of The Year". The Myths. 2014-04-17. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2011. Consultado o 2016-11-11.
- ↑ "Sundial Scottish Arts Council Book of the Year". Scottish Arts Council. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2009. Consultado o 2009-02-27.
- ↑ "Books of the year 2011 | Books". The Guardian. Consultado o 2016-11-11.
- ↑ "Jim Crace makes Goldsmiths Prize shortlist". BBC News. 1 de outubro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ "Shortlist 2013". Goldsmiths Prize. 1 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ Lusher, Adam (3 de xuño de 2015). "Baileys Women's Prize for Fiction 2015 winner: Ali Smith triumphs with How to Be Both". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2022. Consultado o 17 de xuño de 2015.
- ↑ "Ali Smith's 'How to be both' takes Costa novel award". Reuters (en inglés). 2015-01-05. Consultado o 2022-08-04.
- ↑ "Man Booker Prize: Howard Jacobson makes shortlist". BBC News. 9 de setembro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2014.
- ↑ "The shortlist for the 2014 Goldsmiths Prize has been announced". New Statesman. 1 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ "Ali Smith wins Goldsmiths Prize for How to be Both". BBC News. 13 de novembro de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2014.
- ↑ "2015 | The Rathbones Folio Prize" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2022-08-04.
- ↑ Flood, Alison (13 de setembro de 2017). "Man Booker prize 2017: shortlist makes room for debuts alongside big names". The Guardian. Consultado o 20 de outubro de 2017.
- ↑ "Europese Literatuurprijs 2020". Europese Literatuurprijs. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2023. Consultado o 2 de maio de 2023.
- ↑ "Smith, Yaffa win 2021 Orwell Prizes". Books+Publishing (en inglés). 2021-06-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-28.