Saltar ao contido

Aeroporto de Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Bilbao
Loiu Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Nome orixinal
Bilboko aireportua (eu)
Aeropuerto de Bilbao (es) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Estado de uso
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
19 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1955 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Ofrece servizo a
 Pistas de aterraxe
12/30
lonxitude: 2.600 m
amplitude: 45 m
material: asfalto

10/28
lonxitude: 1.910 m
amplitude: 45 m
material: asfalto
Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altitude
 41 m Editar o valor en Wikidata
Clientela7062681 (2025) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF172155775 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/094q2b Editar o valor en Wikidata
IATABIO Editar o valor en Wikidata
ICAOLEBB Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Aeroporto de Bilbao (IATA: BIO, OACI: LEBB) atópase a 5 quilómetros da cidade de Bilbao. A antiga terminal, terminal de carga, e gran parte dos servizos aeroportuarios atópanse no municipio de Sondika, mentres que a nova terminal, deseñada por Santiago Calatrava está no de Loiu. Trátase do aeroporto máis importante da cornixa cantábrica en canto a número de viaxeiros e impacto económico. O aeroporto de Bilbao recibiu en 2016 un total de 4 588 265 viaxeiros, o que supón un incremento dun 7,3% respecto ao ano anterior, segundo datos de AENA.

É o único aeroporto rendible do País Vasco e un dos 14 rendibles do sistema aeroportuario español.[1] Trátase do 12º aeroporto máis concorrido de España por número de pasaxeiros. É unha base da aeroliña rexional Air Nostrum e a segunda base en número de destinos de Vueling, despois do aeroporto de Barcelona.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

O aeroporto actual foi concibido polo arquitecto valenciano Santiago Calatrava. Deseñouno de tal forma que desde o exterior se asemellase a unha ave emprendendo o voo, por iso é polo que se coñeza popularmente co nome de A Pomba. Na construción abunda a cor branca, o vidro e o formigón.

A terminal conta cun total de 6 "fingers" (túneles móbiles que conectan directamente o avión coa terminal). Á súa vez, foi deseñada unha nova torre de control en forma de falcón para facer fronte ao incremento de voos que a nova terminal atraería. Con todo, as antigas instalacións aproveitáronse para mellorar o conxunto do aeroporto. A antiga pista de aterraxe mantívose como pista secundaria para utilizala cando a principal non estivese en condicións, a antiga terminal de pasaxeiros habilitouse como terminal de carga e a torre de control equipouse con dispositivos especiais para situacións de urxencia.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]
  • 2 pistas de aterraxe
    • Pista 12-30: 2 600 m.
    • Pista 10-28: 2 000 m.
  • Plataforma Norte: 10 postos de estacionamento.
  • Plataforma Sur: 11 postos de estacionamento.
Detalle do aeroporto de Bilbao
Aeroporto de Bilbao
Detalle dun finger e a torre de control ao fondo.
  • Nova Terminal de Pasaxeiros (A Pomba): 36 mostradores de facturación, 12 portas de embarque e 7 hipódromos de recolleita de equipaxes.
  • Antiga Terminal de Pasaxeiros (utilizada agora como oficinas).
  • Terminal de Carga, Zona Industrial e Zona de Aviación Xeral.
  • 3 aparcadoiros:
    • Xeral (P1): 3000 prazas.
    • Exprés (< 30 minutos): 37 prazas.
    • Longa estancia (P2).
Terminal de pasaxeiros

Ao aeroporto pódese acceder desde a cidade de Bilbao de tres xeitos diferentes:

  • En autobús: liña A3247 de Bizkaibus, conecta a cidade (centro e estación de autobuses Termibús) co aeroporto cada 20 minutos, cunha duración da viaxe de 15 minutos, circulando por autovía.
  • En Taxi: tarifa segundo taxímetro, tarda uns 10-15 minutos.
  • En turismo: polos túneles de Artxanda chégase ao centro nun tempo similar.
  • En tren: Prevese realizar unha liña de metro ou proximidades que conecte o centro de Bilbao co aeroporto en 5 min a través dun túnel escavado baixo o Monte Artxanda. En principio finalizarase en 2012.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
Aer LingusDublín
Air EuropaGran Canaria, Lanzarote, Madrid, Palma de Mallorca, Tenerife-Norte
Estacional: Menorca, Alacant, Almería, Eivisa, Málaga, Valencia, Barcelona
Air France
operado por HOP!
París-Charles de Gaulle
British AirwaysLondres-Heathrow
Brussels AirlinesBruxelas
Czech AirlinesEstacional: Praga[2]
easyJetBristol, Edimburgo, Londres-Stansted, Manchester
Estacional: Milán-Malpensa, París-Charles de Gaulle
easyJet SwitzerlandEstacional: Xenebra
EurowingsDüsseldorf
Eurowings
operado por Germanwings
Stuttgart
IberiaMadrid
Iberia
operado por Air Nostrum
Alacant, Santiago de Compostela, Valencia, Vigo
Estacional: Madeira
Israir AirlinesEstacional: Tel Aviv-Ben Gurion
KLMÁmsterdam
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
LufthansaFrankfurt, Múnic
Norwegian Air ShuttleBarcelona (remata en outubro de 2017)[3]
Estacional: Oslo-Gardermoen, Tenerife-Sur
Royal Air MarocCasablanca
Swiss International Air Lines
operado por Swiss Global Air Lines
Zürich
TAP Portugal
operado por TAP Express
Lisboa
Turkish AirlinesIstanbul-Atatürk
VoloteaSevilla
Estacional: Eivisa, Palma de Mallorca, Venecia
VuelingAlacant, Ámsterdam, Barcelona, Fuerteventura, Granada (comeza en decembro de 2017), Gran Canaria, Eivisa, Lanzarote, Londres-Gatwick, Málaga, Menorca, París-Orly, Palma de Mallorca, Roma-Fiumicino, Sevilla, Valencia, Tenerife-Norte
Estacional: Berlín-Tegel, Bucarest, Milán-Malpensa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. El País (ed.). "¿Cuáles son los aeropuertos con más beneficios y más pérdidas de España?". Consultado o 20 de outubro de 2017.
  2. Routes Online (ed.). "CSA Czech Airlines Expands Service in S15". Consultado o 5 de setembro de 2017.
  3. El Correo (ed.). "Norwegian dinamita el puente aéreo entre Bilbao y Barcelona y pincha la burbuja del bajo coste". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 5 de setembro de 2017.