Abejorral
Aparencia
| Abejorral | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Abejorral é un concello de Colombia, localizado na subrexión leste do departamento de Antioquia.[1] Limita polo norte cos concellos de Montebello, La Ceja, El Carmen de Viboral e La Unión, polo leste co concello de Sonsón, polo sur co departamento de Caldas e polo oeste cos municipios de Santa Bárbara e Montebello. A súa cabeceira municipal dista 86 quilómetros de Medellín, capital do departamento de Antioquia e a 64 quilómetros do aeroporto internacional José María Córdova.
O municipio posúe unha extensión de 502 quilómetros cadrados e conta cunha poboación de 20 287 persoas (2018), das cales 7 910 viven na zona urbana e 12 377 na zona rural.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Gráfica de evolución de Abejorral entre 1912 e 2018 |
![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alcaldia Municipal de Abejorral" (en castelán). Consultado o 2018-06-09.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abejorral |

