Saltar ao contido

28978 Ixion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
28978 Ixion
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
2001 KX76 Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
 Grupo menor
Características orbitais
Apoapse49,331 au e 48,961230838388 au Editar o valor en Wikidata
Periastro30,09306 au e 29,73984328588 au Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro298,58181 ° e 300,65857238311 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,242, 0,2422182 e 0,24423284899717 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital19,584 °, 19,58079 ° e 19,670411901915 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital250 a e 90.162,183971514 d Editar o valor en Wikidata
Período de rotación12,4 h e 15,9 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior39,7120366 au e 39,350537062134 au Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente70,99114 ° e 71,092958253776 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media284,9863 ° e 294,20046127993 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.477.480,0280981 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro709,6 km Editar o valor en Wikidata
Albedo0,108 e 0,037 Editar o valor en Wikidata
Distancia da Terra28,8151 au Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente19,84 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta3,6 e 3,47 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Acontecementos
 Data descuberta
22 de maio de 2001 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización descubrimento
Códigos e identificadores
Freebase/m/01_3jz Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

28978 Ixion é un obxecto do cinto de Kuiper que foi descuberto o 22 de maio do ano 2001. Ixion é un plutino (un obxecto que está nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno) e é un candidato a planeta anano; o seu diámetro foi estimado en 650 km polo Telescopio Espacial Spitzer que fai deste obxecto o quinto plutino en tamaño. Foi bautizado coma Ixión, un personaxe da mitoloxía grega. Ixion foi descuberto dende o Observatorio de Cerro Tololo.[1] É moderadamente vermello visto baixo a luz visible e ten unha superficie que é unha mestura de tolinas e xeo de auga.

Características físicas

[editar | editar a fonte]
O diámetro de Ixion depende do albedo (a fracción de luz que reflicte).

Exceptuando Plutón, Ixion foi o primeiro TNO descuberto que orixinalmente se lle estimase un tamaño maior có do asteroide Ceres,[2] No 2002, un ano despois do seu descubrimento, aínda se seguía pensando que Ixion tiña máis de 1000 km de diámetro.[3] As estimacións do 2002 estaban baseadas nunha detección errónea feita a 250 GHz que non puido ser confirmada en posteriores observacións.[4] Estimacións máis recentes suxiren que Ixion ten un albedo alto[5] e que é máis pequeno ca Ceres. Observacións de Ixion feitas polo Telescopio Espacial Spitzer na parte do espectro do infravermello profundo indican que o seu tamaño é duns 650 km.[6]

Ixion e moderadamente vermello (un pisco máis cá 50000 Quaoar) baixo a luz visible.[7] Tamén ten un albedo máis alto (>0.15) cós cubewanos vermellos de tamaño medio.[4] Podería estar presente unha traza nunha lonxitude de onda de 0.8 μm no seu espectro, a cal normalmente é atribuída a unha alteración dos materiais da superficie por parte da auga.[7] No infravermello próximo, o espectro de Ixion é plano e sen trazas distintivas. A banda de absorción do xeo de auga que está entre 1,5 e 2 μm é inexistente. Isto contrasta co espectro de Varuna, o cal ten trazas distintivas no infravermello próximo así coma unha prominentes bandas de absorción de auga.[8] Tanto os estudos espectroscópicos da luz visible así coma da luz infravermella amosan que a superficie de Ixion é unha mestura de xeo de auga, carbono escuro e tolinas, as cales son copolímeros formados pola irradiación dos clatratos de auga e de compostos orgánicos.[9] O Very Large Telescope (VLT) inspeccionou Ixion na procura de actividade cometaria, pero non detectou ningunha coma.[10] Ixion actualmente atópase a unha distancia dunhas 41 UAs respecto do Sol,[11] e é posible que Ixion poida desenvolver unha coma ou unha atmosfera temporal cando se aproxime ó seu perihelio.

Ocultación

[editar | editar a fonte]

Ixion podería ocultar unha estrela relativamente brillante de magnitude aparente 11,5 na constelación de Ophiuchus o 19 de xullo do 2010.[12] Este evento podería ser visible en Norte América.[12] A RA e a DE para este evento está situado nunha rexión rica en estrelas, coa posición 16 54 25,8620 −24 24 22,856.[12] A ocultación podería durar máis de 45 segundos,[12] pero a ruta para a predita ocultación podería non pasar pola Terra. A detección dunha ocultación axudaría a precisar mellor o diámetro deste candidato a planeta anano.

Órbita e rotación

[editar | editar a fonte]
Este diagrama amosa as órbitas de Ixion (verde), Plutón (vermello) e Neptuno (gris). As posicións de Ixion e Plutón corresponden as abril do 2006.

Ixion e Plutón seguen órbitas semellantes pero con diferentes orientacións: o perihelio de Ixion está por debaixo da eclíptica e pola contra o de Plutón está por riba. O contrario do que é usual en obxectos en resonancia orbital con Neptuno (tales coma Orcus), Ixion aproximase bastante a Plutón, un pouco por debaixo do 20 graos de separación angular. Ixion está actualmente cruzando a eclíptica cara a abaixo e acadará o seu perihelio no ano 2070. Plutón pasou ó seu perihelio no ano 1989 e actualmente está descendendo cara a eclíptica. O período orbital de Ixion é de polo menos de 250 anos, só un 0,5% máis grande có de Plutón. Ixion demostrou ter cambios regulares no seu brillo, o cal pensase que é debido á súa rotación. Con todo isto e a altura do ano 2010, o período de rotación de Ixion aínda non puido ser precisado.[9]

    1. B. G. Mardsen (01-07-2001). IAU Minor Planet Center, ed. "MPEC 2001-N01: 2001 FT185, 2001 KW76, 2001 KX76, 2001 KY76, 2001 KZ76, 2001 KA77". Consultado o 05-01-2020.
    2. R. Stenger (24-08-2001). CNN, ed. "New object deemed largest minor planet". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 29-02-2008.
    3. F. Bertoldi, W. Altenhoff, N. Junkes (07-10-2002). "Beyond Pluto: Max-Planck radioastronomers measure the sizes of distant minor planets". SpaceRef.com. Arquivado dende o orixinal o 25-09-2019. Consultado o 06-01-2010.
    4. 1 2 W. J. Altenhoff, F. Bertoldi, K. M. Menten (2004). "Size estimates of some optically bright KBOs". Astronomy and Astrophysics 415 (2): 771–775. Bibcode:2004A&A...415..771A. doi:10.1051/0004-6361:20035603.
    5. W. R. Johnston (17-09-2008). "TNO/Centaur diameters and albedos". Consultado o 28-07-2010.
    6. John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (2008). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". En M. Antonietta Barucci, Hermann Boehnhardt, Dale P. Cruikshank. The Solar System Beyond Neptune (pdf). University of Arizona press. pp. 161–179. ISBN 0-8165-2755-5. arxiv:astro-ph/0702538v2.
    7. 1 2 S. Marchi, M. Lazzarin, S. Magrin, C. Barbieri (2003). "Visible spectroscopy of the two largest known trans–Neptunian objects: Ixion and Quaoar". Astronomy and Astrophysics Letters 408: L17–L19. Bibcode:2003A&A...408L..17M. doi:10.1051/0004-6361:20031142.
    8. J. Licandro, F. Ghinassi, L. Testi (2002). "Infrared spectroscopy of the largest known trans-Neptunian object 2001 KX76". Astronomy and Astrophysics Letters 388: L9–L12. Bibcode:2002A&A...388L...9L. arXiv:astro-ph/0204104. doi:10.1051/0004-6361:20020533.
    9. 1 2 H. Boehnhardt e o seu equipo. (2004). "Surface characterization of 28978 Ixion (2001 KX76)". Astronomy and Astrophysics Letters 415: L21–L25. Bibcode:2004A&A...415L..21B. doi:10.1051/0004-6361:20040005.
    10. O. Lorin, P. Rousselot (2007). "Search for cometary activity in three Centaurs (60558) Echeclus, 2000 FZ53 and 2000 GM137 and two trans-Neptunian objects (29981) 1999 TD10 and (28978) Ixion". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 376 (2): 881–889. Bibcode:2007MNRAS.376..881L. doi:10.1111/j.1365-2966.2007.11487.x.
    11. University of Pisa, Department of Mathematics (ed.). "AstDys (28978) Ixion Ephemerides". Consultado o 13-08-2009.
    12. 1 2 3 4 S. Preston (26-05-2010). "(28978) Ixion / UCAC2 22032118 event on 2010 Jul 19, 01:48 UT". Arquivado dende o orixinal o 07-07-2011. Consultado o 05-07-2010.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]