Saltar ao contido

225088 Gonggong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
225088 Gonggong
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
2007 OR10 Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
 Astro fillo
 Grupo menor
Características orbitais
Apoapse100,69260180452 ua Editar o valor en Wikidata
Periastro33,695349661254 ua Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro207,08837340062 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,49853615158596 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital30,678880218434 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital201.184,22952657 d Editar o valor en Wikidata
Período de rotación22,4 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior67,193975732889 ua e 67,4760476 ua Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente336,8531785544 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media109,56194966586 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro1.230 km Editar o valor en Wikidata
Radio615 km Editar o valor en Wikidata
Masa1,75 Yg Editar o valor en Wikidata
Densidade1,74 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial0,3088 m/s² Editar o valor en Wikidata
Albedo0,14 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente21,4 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta1,84 Editar o valor en Wikidata
Achatamento0,03 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
17 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización descubrimento
Códigos e identificadores
Freebase/m/05c3469 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

225088 Gonggong, designación provisional 2007 OR10, é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 1,7.[1] Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano máis grandes: Mike Brown estima que ten un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar.[2] O anuncio do seu descubrimento foi feito público formalmente o 7 de xaneiro do ano 2009.[3]

O equipo de Mike Brown alcumou a este obxecto coma Brancaneves, debido ó seu gran brillo.[2] Tamén alcumado polo equipo de Brown coma o sétimo anano, despois dos descubrimentos Quaoar no 2002, Sedna no 2003, Haumea e Orcus no 2004, e Makemake e Eris no 2005. En palabras de Brown, "realmente aínda no propuxemos ningún nome para el, por que non demos cun nome con suficiente significado.[2] Actualmente é o obxecto máis grande do Sistema Solar sen nome propio.

Características

[editar | editar a fonte]

Gonggong acadou o seu perihelio ó redor do ano 1856.[1] Actualmente está a unhas 86 UAs repecto do Sol.[4][5] Isto fai del o terceiro obxecto coñecido máis distante dentro do Sistema Solar, despois de Eris (97 UAs) e Sedna (88 UAs).[2] De feito, no 2013, estará máis afastado do Sol cá Sedna[5], e xa para o ano 2045, estará máis afastado do Sol cá Sedna e Eris,[6] moito máis tarde acadará o seu afelio, cara o ano 2130.[5]

Gonggong ten unha órbita semellante a do planeta anano Eris,[7] facendo del un obxecto do disco disperso.[8] Foi descuberto a través dunha procura de obxectos realizada na área que ocupaba Sedna.[9] Gonggong foi observado 46 veces, sete delas en oposición con imaxes recuperadas que nos retrotraen ó ano 1985.[1]

Órbita
frameless|center|upright=1.5
A órbita de Gonggong comparada coa órbita de Eris e Plutón].
Resonancia non confirmada

O movemento preliminar de Gonggong fica nunha resonancia orbital con Neptuno de 10:3. Esta resonancia non está confirmada e podería ser unha sinxela coincidencia que estivese preto dunha resonancia.[10]

O programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosa a súa órbita nominal en resonancia 10:3 con Neptuno.[10]

O tamaño dun obxecto depende da súa magnitude absoluta (H) e do seu albedo (a cantidade de luz cun corpo reflicte). Gonggong ten unha magnitude absoluta (H) de 1,7.[1] Isto foi del un obxecto lixeiramente menos brillante cá Sedna (H=1,6; <1600 km)[11] e máis brillante cá Orcus (H=2,3; ~950 km).[12] É posible que Gonggong teña un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar (H=2,6).[2]

Gonggong é un dos obxectos trans-neptunianos máis vermellos que se coñecen.[13] Isto probablemente é debido á retención de metano.[13]

  1. 1 2 3 4 "JPL Small-Body Database Browser: 225088 (2007 OR10)". 06-11-2009 últimas observacións. Consultado o 02-01-2011.
  2. 1 2 3 4 5 Michael E. Brown (10-03-2009). Mike Brown's Planets (blog), ed. "Snow White needs a bailout". Arquivado dende o orixinal o 16-08-2009. Consultado o 17-02-2010.
  3. Minor Planet Center, ed. (07-01-2009). "MPEC 2009-A42 : 2007 OR10". Consultado o 15-08-2011.
  4. Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys 2007OR10 Ephemerides". Arquivado dende o orixinal o 26-05-2011. Consultado o 16-03-2009.
  5. 1 2 3 California Institute of Technology, Jet Propulsion Laboratory (ed.). "Horizon Online Ephemeris System". Consultado o 20-01-2009.
  6. JPL Horizons On-Line Ephemeris System (17-02-2011). "Horizons Output for Sedna 2076/2114". Consultado o 17-02-2011.
  7. "JPL Small-Body Database Browser: 136199 Eris (2003 UB313)". 04-10-2008 últimas obsevacións. Consultado o 21-01-2009.
  8. Minor Planet Center (ed.). "List Of Centaurs and Scattered-Disk Objects". Consultado o 20-01-2009.
  9. Schwamb, Megan E.; Brown, Michael E.; Rabinowitz, David L. (2009). "A Search for Distant Solar System Bodies in the Region of Sedna". Astrophysical Journal Letters. arXiv:0901.4173. doi:10.1088/0004-637X/694/1/L45.
  10. 1 2 Marc W. Buie (23-08-2008). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 225088". Consultado o 11-03-2009.
  11. "JPL Small-Body Database Browser: 90377 Sedna (2003 VB12)". 23-10-2008 últimas observacións. Consultado o 21-11-2009.
  12. "JPL Small-Body Database Browser: 90482 Orcus (2004 DW)". 04-12-2008 últimas observacións. Consultado o 05-02-2009.
  13. 1 2 Michael E. Brown; Burgasser, A.J.; Fraser W.C. (2011). Mike Brown's Website, ed. "The Surface Composition of Large Kuiper Belt Object 2007 OR10" (PDF). arXiv:1108.1418. Consultado o 08-08-2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]